Cita este sábado co territorio en Corcubión. A Comunidade Eco-Social Boca de Sapo organiza unhas charlas que pretenden reflexionar sobre a degradación do territorio. Nestes tempos de proxectos eólicos, estacións de bombeo, minas… a entidade quere reflexionar sobre o papel da sociedade na loita contra o “extractivismo”, o espolio do espazo natural a mans dos proxectos económicos-industriais.
A xornada abrirase coa proxección dun documental sobre “A Ruña”, realizado por Boca de Sapo, no que se destaca a riqueza natural da contorna deste monte mazaricán ameazado por unha estación de bombeo. Arriba vemos un anaco.
De contado, haberá unha mesa e unha conversa coa antropólga Taisa Lewitzki, que falará da problemática do eucalito en Brasil, facendo unha viaxe de ida e volta dende o outro lado do Atlántico.
A inauguración da exposición de fotos da natureza da contorna de Javier Carballo completará a sesión.