Xoves. 04.06.2020
El tiempo

COSTA DA MORTE

“Non hai que deixar perder máis paisaxes. Queremos que o Camiño dos Faros quede como está”

Nova xornada a deste xoves 30 de abril arredor do I Foro Camiño dos Faros. Despois da xornada inaugural, institucional pero reivindicativa, da xornada de patrimonio do martes, e da sesión das micro-empresas trasnas, toca

Sebastián Álvaro, creador de “Al Filo de lo Imposible”, un dos programas de investigación máis importantes da historia da nosa televisión, comezou expoñendo as gañas que ten de volver a camiñar, e a camiñar polo Camiño dos Faros. “Nunca como momentos como este entendemos que camiñar é liberdade”. Explicou que “Camiñar en Galicia, camiñar na Costa da Morte, pola fin da terra, é unha experiencia lendaria”, un lugar onde podes vivir a soidade”. De aí que haia que loitar para “non deixar perder máis paisaxes”, porque “queremos que non humanicen, urbanicen máis o Camiño dos Faros.

A xornada completouse de xeito internacional, coas visións de Mimmo Pandolfo, Presidente de la FIE (Federación Italiana de Excursionismo); Fivos Tsaravopoulos, cofundador de Paths of Greece e directivo da World Trails Network, e Luis Dias, representante de Papa-Leguas (Portugal).

Última xornada

Para rematar o venres 1 de maio, para reflexionar sobre que o Camiño é “moito máis que unha ruta” estarán Jorge Palanca, do Camiño dos Faros Inclusivo, Felipe Oza, participante e finisher del Ultratrail Camiño dos Faros, e Cecilia Burillo, Componente da Traskiband.

Novas relacionadas

“Non hai que deixar perder máis paisaxes. Queremos que o Camiño dos Faros quede como está”