Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

I Foro do Camiño dos Faros: Os Trans@s non deixan de loitar pola homologación

Arrincou onte o I Foro Camiño dos Faros, cunha sesión inicial que serviu para recuperar a historia deste recurso turístico de primeira orde mundial creado dende a cidadanía, pero tamén para mirar cara o futuro. Cristina Alonso, presidenta da Asociación O Camiño dos Faros, abríu a veda para que Pablo Canosa, secretario do CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), Lois Carballido, alcalde de Ponteceso, Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas e Cesáreo González, presidente del Cluster de Turismo de Galicia, puxesen a visión máis institucional.

En calquera caso, e malia que os trasn@s cancelaron a edición deste 2020 (antes de chegar a pandemia) para criticar a falta de apoio das administracións, é importante analizar que a primeira conclusión é que a vai continuar a loita para "darlle unha legalidade ao camiño que mellore a experiencia dos camiñantes e que os Concellos podan mantelo". A homologación como Ruta PR é o camiño a seguir.

Este martes, mércores e xoves continúan as ponencias como podedes ver no programa.

O foro dase en aberto estas mañás ás 11:00 no Facebook O Camiño dos Faros.

 

Novas relacionadas

I Foro do Camiño dos Faros: Os Trans@s non deixan de loitar pola homologación