Desenvolveuse onte a segunda xornada da segunda edición do “Foro Mirando por la Tierra”, que desenvolve o Hotel Bela Fisterra. Tras unha primeira sesión que serviu para reflexionar sobre a “nova normalidade”, o Foro tratou de afondar nos retos que afrontan os Concellos nesta nova época.
Dirixido por Pepe Formoso co apoio de Antón Lestón e a colaboración de Bartolomé González, que foi alcalde de Alcalá de Henares, o Foro percorreu Galicia e España, coa presenza de Natalia Prieto Viso, Directora Xeral de Administración Loca da Xunta de Galicia, do alcalde de Alcalá, Javier Rodríguez Palacios, o arquitecto Juan Creus, a directora de Fenie Enerxía, Paula Román, o escritor Sergio do Molino e o vicepresidente da Diputación da Coruña, Xosé Regueira.
Juan Creus afondou sobre as posibilidades que a arquitectura, “ligada á xente, á convivencia”, pode ofrecer á mellora da calidade de vida. Puxo o exemplo da aldea de Cans, un exemplo de como a xente é capaz de abrirse aos demais. Afondou sobre conceptos de “urbanismo”, “urbanidade”… reflexionando na importancia da “compatibilidade entre o crecemento demográfico e o incremento das zonas peatonais”.
Na mesa redonda, comezou Sergio Molino, autor do libro “La España Vacía”, falou do inesperado éxito do seu libro, que pasou de debates “entre xente aburrida do último estante das librerías, ao centro do debate político”. Sen demasiada esperanza ca política, espera que “solventar un verdadeiro problema político sobre dereitos fundamentais, no que hai 10 millóns de españoles que viven cunha sensación de cidadáns de segunda, que os seus políticos non os defenden”. “Máis que facer unhas políticas a longo prazo, é máis doado facer accións de “Bienbenido Mr. Marshall”, falando de chuvia de millóns inútiles”.
“O teletraballo é unha ferramenta decisiva de cara á conservación de poboación nos concellos máis afectados”, sinalou en clave de posibilidades e infraestruturas.
Falou tamén Xosé Regueira, en calidade de concelleiro de Turismo e Promoción Económica de Carballo. Recalcou na necesidade de que os veciños se conciencien de que a cultura é un medio de vida, pola que hai que pagar. “Se necesito os servizos dun fontaneiro, non me suscito si debo pagarlle, en cambio hai moita xente que esa dúbida interna si a ten coa industria cultural”.
Paula Román, desvelou ser “dun pobo de Zaragoza” e ver “como apostar pola mocidade, pola educación e o investimento nas zonas rurales é fundamental para reter a poboación e o talento”.
Finalmente, o alcalde de Fisterra, José Marcote, e a responsable de comunicación de Gerca, Melani Lois, puxeron o broche final á xornada como representantes de colaboradores e patrocinadores respectivamente. Melani reivindicou a posibilidade de crecer industrialmente desde unha contorna rural, como así o demostrou Gerca na Costa da Morte.