Volveron as candorcas polo mar da fin da terra. Este domingo, ben cedo, a embarcación de José de Castro viu unha familia de candorcas (polo menos dous adultos e unha cría) disfrutando da nosa ría, saltando a apenas media milla do peirao de Fisterra.
Non son a mesma familia que nos visitou pasado mes de setembro, e que protagonizou varias interaccións con embarcacións nas costas galegas, pois dende o CEMMA aseguran que esa manda nada por outros mares, estes días. Pero tamén, segundo nos contan dende Fisterra, estas teñen gañas de interactuar, e de feito, unha si que “lle botou o lombo a unha embarcaciób”.
En todo caso, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños lembra as recomendacións que nos facía hai uns meses e actualiza con esta imaxe:
Golfiño varado
Paralelamente, un veciño de Estorde enviounos este exemplar de golfiño común varado na praia de Estorde, en alto estado de descomposición.
Novas relacionadas
-
- Setembro 2020: As incomprendidas e inofensivas candorcas.
- Agosto 2020: Unha balea boreal polo mar da fin da terra.
- Agosto 2019: As baleas volven por Fisterra.
- Xullo 2019: Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos.
- 2015: As candorcas visitan Fisterra.