"Estaremos Mortos" xa está dispoñible nas principais plataformas. Despois de "Os meus males" e "Eu e ti", 9Louro vén de lanzar o seu segundo sinxelo do que será o seu segundo LP “Amorrer” e que verá a luz o vindeiro ano 2026.

O artista muradán conta nesta ocasión coa colaboración de Xanma Louro, irmán do artista e guitarrista de The Rapants. Unha colaboración espontánea que xurde cando Martín comparte co seu irmán maior a voz e letra de Estaremos Mortos e este non puido resistirse a coller a guitarra e cantar co “15 a espalda e o 9 no peito”. Ambos comparten a ilusión e ambición de perseguir o soño da música.
Unha viaxe cara escenarios cheos de desafíos cos “pés no suelo” acompañados polos do rueiro e voltando a casa xuntos ao remate, como cando eran nenos. Un tema que xorde dende a honestidade, o cariño e o talento dos irmáns.

O vídeo é gravado en Louro (como loce a praia de Area Maior), neste mesmo mes de outubro, feito por Antón Vidal. coa produción musical, gravación e mestura de Yuly, habitual produtor do artista.
9Louro xa prepara unha xira con máis de 20 concertos que marcan sen dúbida un inicio prometedor, que fará as próximas paradas en:
- Premios Fouciño (Baio) – 25 de outubro
- Festival Breasón (Mondoñedo) – 8 novembro
- Benvida USC (Igrexa USC – Santiago e Compostela) – 20 novembro
Máis novas de 9Louro
- Febreiro 25: "Eu e ti", o novo bombazo de 9Louro
- Novembro 24: A nova estrela da música urbana muradá, 9Louro, lanza LP