Acaba de saír do forno un novo temazo da factoría Nasmo. Cita Doble son Fran Trillo e Antón Vara, e coa producion de Juan Figueiras, a alma da Sala Nasmo, vén de lanzar o seu primeiro temazo.
A nova aventura musical destes muradáns chega cun son moi Nasmo, dende pop ata a música tradicional co claro obxectivo de “facerche bailar”.
O seu primeiro sinxelo "Qué nos pasou?" arrasa nas redes, e xa están a preparar máis temas nos locais de ensaio muradáns. Unha aposta fresca e divertida que está a ter moi boa acollida entre a mocidade de dentro e fora da vila.
Podedes escoitalos tamén en spotify.
NOVAS RELACIONADAS
- Un mestre carnotán, partícipe dunha das "mellores BSO da historia do cine”.
- A antiga directiva do Castelo Rock ábrenos as portas do back stage.
- Lisdexia líase de cañas cun novo EP.
- 2021: A Sala Nasmo e os colectivos muradáns demostraron que Muros é "profundamente musical”.
- Xuño 21: A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo.
- Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.