Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía

Multiusos A Camposa: O Edificio de Servizos Múltiples colle nome e contido

A antiga praza da Camposa dá nome ao ata agora chamado Edificio de Servizos Múltiples. Unha metáfora da recuperación por parte do goberno local, deste estupendo e desaproveitado espazo sociocultural. Así o recoñece o propio alcalde IagoToba, que inauguraba cun vídeo a través das redes este edificio “existente pero falto de vida” e ao que se lle dotou “de novos espazos para unha renovación total”.

O edificio viu renovada nova Sala da Camposa, acolle tamén o Xulgado de Paz, e envía a exposición permanente que acollía nun impactante Museo ‘Voluntarios do Prestige’. Mantense o Salón de Actos do Voluntariado, con melloras técnicas, o espazoasociativo, a aula de informática e as aulas versátiles para desenvolver diferentes actividades.

Multiusos A Camposa: O Edificio de Servizos Múltiples colle nome e contido