Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ponteceso

Un paseo interno polo Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte

Interesantísimo o percorrido que nos dá neste video a técnico do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), Sonia Castro. Coa axuda da Deputación, o museo vén de realizar esta visita virtual, explicando de forma breve as obras que se atopan actualmente expostas ao público, realizadas por diferentes artistas, e contribúe a poñer en valor o traballo destes, achegando e dando a coñecer a súa obra e axudando aos usuarios a comprendela mellor.

O MACCMO, sito en Corme, permanece aberto durante o mes de decembro de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas. Luns, domingos e festivos, e o 24 e o 31 de decembro, o museo permanecerá pechado.

Un paseo interno polo Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte