Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo

Teima, a banda de metal soneirá, saca novo tema sobre a vaga de lumes

Seguimos descubrindo os novos traballos das nosas bandas de música. Hoxe, damos conta do novo tema da banda soneirá Teima, que estrea de "Lume e Espiñas", o seu primeiro single. Vén acompañado dun videoclip producido e editado polo colectivo audiovisual “Catro Ghatos”. O tema xa está dispoñible en todas as plataformas de streaming, así como en YouTube ou no Bandcamp do grupo.

“Lume e Espiñas” é unha canción “nada da raiba e impotencia sentida ante a vaga de incendios que azoutaron Galiza no 2017”, explican. “Achéganos a unha tráxica realidade que a nosa terra vive ano tras ano. Vemos así como este tema pretende plasmar a sensación de angustia que se sente ao ver arder o teu entorno, onde todo o que coñeces muda cara tonos grises e negros, tinguindo todo de morte”.

En todo caso, o tema deixa a esperanza na capacidade de erguerse e mesmo saír máis forte de sucesos tan tráxicos como os lumes.

Disfrutamos esta caña soneirá, e esperamos o lanzamento do seguinte single.

Nota de prensa - Teima - Lume e Espiñas copia

Novas de Teima

Serie #Soandoconforza

Máis Novas sobre música costeira

Teima, a banda de metal soneirá, saca novo tema sobre a vaga de lumes