Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Zas

Alumnado do IES de Baio participará cunha curta no International Youth Film Festival de Extremadura

Continúa o IES Maximino Romero de Lema aprendendo da Intelixencia Artificial e aproveitándoa para facer singulares curtas. Como o "Descubre la igualdad a través de la IA" a que vén de facer o alumnado zaseiro no que analizan os avances dende a Idade Media en materia de igualdade.

Coa coordinación dos profesores de informática, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, o alumnado entrevista a persoeiros históricos da época como os Reis Católicos e aos protagonistas de "La Celestina", Calixto e Melibea. Despois serán estes persoeiros os que entrevisten e pregunten ao alumnado do noso IES sobre que avances houbo ou, se pola contra, se manteñen aínda moitas trabas en materia de igualdade.

Esta curta foi seleccionada para o 11th INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL Plasencia EnCorto” de Extremadura, onde acudirá o vindeiro abril xunta con outros participantes de Portugal, Italia, Dinamarca, Bélxica, Grecia, Arxentina, Korea, Rusia ou Lituania, para expoñer un documental feito no IES Maximino Romero de Lema empregando diferentes ferramentas e aplicacións de Intelixencia Artificial.

MÁIS NOVAS

Alumnado do IES de Baio participará cunha curta no International Youth Film Festival de Extremadura