xoves. 01.05.2025
El tiempo

Ximiela colle #forsa para participar no desfile de san Patricio

Ximiela colle #forsa para participar no desfile de san Patricio
Con este vídeo a asociación folclórica Ximiela de Louro (Muros) pon en marcha unha campaña de de crowfunding coa que esperan sufragar unha boa parte do custe da viaxe que farán proximamente a New York despois de que os invitasen a participar un ano máis no desfile de san Patricio pola 5ª Avenida de New York. Coñecedores de que a participación en grandes eventos é unha das mellores formas de espallar a cultura e a tradición galega polo mundo adiante, os membros de Ximiela non foron quen de rexeitar a oferta. Mais participar nun evento deste tipo ten uns elebados custes económicos difíciles de solventar para unha pequena agrupación. Ximiela na Casa de Galicia de NYC Ximiela na Casa de Galicia de NYC Precisamente este sábado, 23 de xaneiro, a agrupación folclórica Ximiela actuará na Antiga Fábrica de Sel de Muros. O espectáculo comeza ás 20:30 horas e os interesados en asistir deberán ir con tempo para retirar as poucas entradas que quedan para a venda en taquilla. #ForzaXimiela Para máis info preme aquí.   Novas relacionadas

Novas da Costa en NY

“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
   

Comentarios