Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A APLU ordea derrubar outra casa de Mar de Fóra

A APLU ordea derrubar outra casa de Mar de Fóra

Non é o mesmo caso que as casas derrubadas o ano pasado en Mar de Fóra. Neste caso, a casa que vén de recibir a notificación de derrubo debería poder ter outra oportunidade. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordenara o seu derribo en 2013, e esta semana o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitaba o recurso presentado polos propietarios, donos ao tempo dun establecemento no centro da vila do Cristo.

A APLU, nunha foto aérea de 2006 non recoñecía o edificio, pois aínda non tiña a tella posta. Agora, fáiselle imposible aos propietarios demostrar que a casa estaba construída antes desa data, polo que a Xunta considera o edificio como "unha obra ilegal e sen autorización".

O PXOM non chega a tempo

Tras xa 14 anos de redacción, o goberno municipal entregou hai uns meses o goberno fisterrán o novo PXOM, que convertiría en totalmente legal esta casa. Pero parece que a administración vaise tomar os seus 3 meses de marxe para devolver os últimos retoques, o que fará imposible que o novo Plan chegue para salvar a casa do derrubo.

Novas relacionadas

Novas sobre derribos

Fonte

Comentarios