Luns. 06.05.2024
El tiempo

Un pleno urbanístico e Director en Fisterra

Un pleno urbanístico e Director en Fisterra
Edificio da promotora que denunciou ao Concello de Fisterra

Foi o de onte un pleno completo en Fisterra. Un pleno que serviu para aprobar as Contas Xerais do 2011 (cos votos a favor do PP; en contra do BNG e a abstención dos edís do PSOE), pero que tamén serviu para coñecer un par de sentencias xudiciais que meten ao Concello en novos problemas económicos.

I é que o Concello terá que pagar 300.000€ a unha inmobiliaria que construiu unha urbanización de 88 vivendas, e que denunciou ao Concello por serlle aprobada unha licencia ilegal, como noutras ocasións. Dende o Concello aseguran que van recurrir, pero tendo en conta que a empresa “Inversiones Plaza Garden SL” solicitara un mínimo de 11 millóns de euros como consecuencia da nulidade da súa licenza urbanística, parece que a contía non é demasiado elevada.

Ademais, a familia desaloxada da zona de Calcoba denunciaba ao Concello solicitando unha indemnización de 300.000€, que finalmente o Concello non terá que abonar tralo fallo da Xustiza que o exime de responsabilidade.

Plan Director do Cabo Fisterra

Xa diciamos a semana pasada que o Cabo Fisterra terá que agardar polo menos un ano polo seu ambicioso Plan Director. Onte, o voceiro do BNG modesto Fraga preguntaba polos prazos, orzamento, liñas de acción... Preguntas aos que o alcalde tivo que respostar que só se acometerán nun principio as obras baratas como plantacións ou adecenctación de camiños.
Ademais, o alcalde indicou que haberá cousas do Plan que non se poderán levar a cabo como o albergue previsto para os depósitos de auga, onde o concello ten un almacén necesario.

Recuperando a historia do Casón

No apartado de propostas, o BNG instou ao goberno local a que organice unhas xornadas co gallo do 25 aniversario do embarrancamento do "Casón", un episodio que marcou a Costa da Morte pero que nunca se ten en conta.

O alcalde tomou como boa a proposta, ao tempo que indicaba que está negociando coa Deputación para reabrir o finado Museo do Castelo de San Carlos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios