Ordenan o derribo de dúas naves non legalizables en Coristanco


Falabamos hai un par de meses coa veciña Pilar Fariña sobre a denuncia dunhas naves supostamente ilegais en Coristanco, interposta polo PSOE e por ela mesma. Esta semana, a veciña envíanos a resolución da Axencia de Protección da legalidade urbanística (APLU). Despois de incoar o expediente, a APLU xa emitiu resolución, ordenando o “demolición da nave de Almacenes Rodríguez S.L. no cruce de Santa Comba”.
As naves, erguidas en solo rústico, non tiñan ningun permiso nin da Xunta, como di a resolución, polo que non entenden que o Concello permitise a súa construción. A resolución indica ademais que “non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico”, segundo o expediente. Chegou a haber mesmo denuncia do Seprona de Arteixo.
Lembra ademais a veciña afectada que “Rodríguez é unha das 9 empresas investigadas por facturarlle o concello cantidades desorbitantes de materiial de construción sen haber obras polo Xulgado nº 1 instrución de Carballo pola suposta trama de corrupción”.
A demolición e resposición dos terreos deberá ser realizada nun prazo de 3 meses.
Novas de Coristanco
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- 19-09-14: Día de declaracións de alcaldes imputados.
- 20-08-14: TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco.
- 19-06-14: A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- 17-02-14: O BNG de Coristanco valora o rexistro no Concello e critica o PXOM de Cabana.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).