Xoves. 02.05.2024
El tiempo

400.000 de multa urbanística por unha vivenda ilegal Fisterra

400.000 de multa urbanística por unha vivenda ilegal Fisterra
Vivenda ilegal en Mar de Fora-Fisterra

Poucos exemplos coma este temos visto. Pero de seguro que se houbese máis multas urbanísticas coma estas, a situación de ilegalidade de centos de casas e edificios en toda Galicia non sería a mesma. Hoxe sabemos que a Axencia da Protección da Legalidade Urbanística vén de imponer unha sanción de 400.000€ por "un delito urbanístico moi grave no lugar de Mar de Fóra", en Fisterra. Así o denunciáramos xa no 2008.

Trátase dunha obra realizada sen licenza e sen autorización autonómica en solo rústico de protección de costas, e falamos dunha edificación que ten orde de demolición da Axencia de outubro de 2010, tamén confirmada por vía xudicial. Nese sentido, se o interesado cumprira a orde de demolición o importe rebaixaríase nun 80%.

Tanto a parcelación urbanística como a construción de edificacións residencias están prohibidos en solo rústico e constitúen unha infracción urbanística tipificada pola lei como moi grave.

A APLU recorda que o seu "obxectivo final non é o de derrubar, sancionar e recadar, senón contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios