mércores. 30.04.2025
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa de Carballo oferta trinta novas actividades

A biblioteca Rego da Balsa de Carballo oferta trinta novas actividades
biblioteca-rego-da-balsa Contacontos, concertos, obradoiros, exposicións,... encherán de actividade a biblioteca de Carballo Un amplo programa que se extende ata o mes de xuno, fará que a biblioteca Rego da Balsa de Carballo concecte ainda máis cunha comunidade de usuarios e usuarias cada vez máis ampla e diversa. O programa de actividades inclúe dende as concorridas sesións de contacontos cos ratiños da compañía Trinketrinke ata os concertos do Curruncho Pop, faladoiros sobre os temas máis diversos, obradoiros - entre eles un interesantísimo de banda deseñada con Mon Lendoiro - e mesmo iniciativas de carácter social, grazas á colaboración entre a biblioteca Rego da Balsa e a concellaría de Igualdade e Benestar ou a Cruz Vermella. Tamén continúan as actividades estables que desenvolve a asociación de Irmandamento de Carballo con L’Isle Jourdain na biblioteca así coma as presentacións literarias, que ofrecen a posibilidade de conversar de preto con autores e autoras como Xelucho Abella, Fernando Cabeza ou Rosalía Fernández Rial. Horario Semana Santa Por outra banda, durante esta Semana Santa os edificios e servizos públicos do concello de Carballo funcionarán con normalidade, agás os festivos do xoves e o venres. O sábado e o domingo tanto as instalacións deportivas como o Pazo da Cultura abrirán nos seus horarios habituais, mentres que a biblioteca Rego da Balsa permanecerá pechada dende o xoves ata o domingo. O luns 17 non estarán operativos os rexistros do Pazo da Cultura e do Fórum Carballo, polo que as persoas que desexen presentar algún documento terán que dirixirse ao rexistro xeral situado na planta baixa da casa do Concello. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo
 

Comentarios