A biblioteca Rego da Balsa pon en marcha dous obradoiros
          
    08:05 27/07/17 
            
O público xuvenil será o principal destinatario dos dous obradoiros que terán lugar esta semana na biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Así, hoxe haberá un obradoiro de graffiti que se desenvolverá en horario de mañá, de 11 a 12:30 horas. O obxectivo é que os participantes aprendan a comunicarse a través da pintura, compartindo as súas inquietudes e preocupacións.
Xa mañá, venres, terá lugar un obradoiro de parkour; unha disciplina ou filosofía que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluidamente posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que implica superar os obstáculos que se presentan no percorrido tales como valos, muros ou paredes.
Para participar en calquera dos dous obradoiros é preciso anotarse chamando ao 981758580 ou enviando un e-mail a biblioteca@carballo.gal e ser maior de 10 anos.
Novas relacionadas
- A biblioteca Rego da Balsa celebra a semana do libro con catro presentacións literarias
 - A biblioteca Rego da Balsa de Carballo oferta trinta novas actividades
 - Seis concertos e un monográfico sobre Bob Dylan enchen de música o Curruncho Pop da biblioteca Rego da Balsa
 - A biblioteca Rego da Balsa xa ten o seu “curruncho pop”
 - Chicharrón estrea mañá en Carballo o seu segundo disco “Postal”
 - Catro artistas da Costa da Morte expoñen as súas obras en Carballo
 - Vinte venres para cargar a batería cultural
 - Manolo Rivas, contacontos, faladoiros e documentais enchen de actividade a biblioteca Rego da Balsa
 - A biblioteca Rego da Balsa celebra o seu primeiro aniversario
 - #ABiblioPréstame.
 - O edificio dos 100 actos.
 - Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Biblioteca Rego da Balsa