A firma galega Javier Barrio incorporase á Mostra do Encaixe de Camariñas
06:11 05/04/17
A pouco máis dunha semana para que comece a 27 edición da Mostra do Encaixe de Camariñas vanse coñecendo novos nomes que estarán presentes no evento. E un deles será a firma galega Javier Barrio. O recoñecido deseñador , especializado en interiores de alta costura, asegura que está traballando "contra vento e marea" para ter a punto a súa colección dentro dunha semana, xa que se trata dunha incorporación de última hora.
Javier Barrio presentará na pasarela de Camariñas seis deseños de cóctel e festa en cores coral, granate e negro tendo sempre en conta a súa filosofía base: "alta costura contemporánea coa agulla antiga". Con productos de alta calidade, o deseñador insiste en que sempre promociona a terra galega na súa marca que agora tamén lucirá encaixe de Camariñas. Neste sentido, recoñece que o encaixe "encaixa á perfección" nas súas creacións xa que el sempre busca deseños exclusivos con "acabados perfectos" nos que coida ata o último detalle.
Traxectoria
Javier Barrio é o director xerente e creador da firma internacional de alta decoración e moda Javier Barrio. Trátase dunha marca recoñecida rexistrada en 21 países. Despois dunha dilatada experiencia neste campo, no 2013 crea a primeira colección de alta costura en moda que tamén foi un éxito. Agora, o seu obxectivo a curto prazo é abrir dez novas tendas de moda de luxo por todo o mundo con deseños exclusivos que durante a vindeira semana poderanse ver na Mostra do Encaixe de Camariñas.
Ademais da firma Javier Barrio, na pasarela desta edición poderase ver a outros artistas galegos como o xa habitual José Matteos; a gañadora do concurso de Xoves Deseñadores do ano pasado; Sara Lage a viguesa Amaya Fernández Blanco que debuta no certame.
A nivel internacional tamén debuta Noriko Hashizume (Xapón), mentras que repiten Ana Cabranes (Xixón), Devota&Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga) e Mar Balmón (Madrid). Tamén repite a deseñadora de Camariñas María Campaña.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Camariñas leva a súa Mostra do Encaixe ata Xixón
- Marzo 2017: Camariñas promociona en Vigo a 27 edición da mostra do Encaixe
- Marzo 2017: Quimonos xaponeses de encaixe para a Mostra 2017
- Marzo 2017: O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912.
- Decembro 2016: 28 coleccións no novo Concurso de Deseñadores Noveis do Encaixe de Camariñas.
- Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
- De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Camariñas