xoves. 01.05.2025
El tiempo

A mestra do curso de azulexo de Laxe deu un susto

A mestra do curso de azulexo de Laxe deu un susto
Cari, de costas, sufríu unha pequena caída impartindo o curso de azulexo en Laxe Cari, de costas, sufríu unha pequena caída impartindo o curso de azulexo en Laxe

Un pequeno susto sufría onte pola tarde Laxe, cando Cari, a mestra xubilada que estaba colaborando como voluntaria impartindo un cursiño de mosaico na vila, caeu ao intentar saltar un muriño que separa o material da zona do mural. Un muriño pequeno, pero Cari tropezou e caeu rompendo o pulso dunha man, e rasgando lixeiramente a faciana.

Un suceso que non retrasa o Albaroque, a típica festa que lle fai o capataz aos traballadores, para celebrar a fin de curso, con churrascada que ía ter lugar este xoves. Pero en todo caso, parece que Cari está ben.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios