A mostra do Encaixe de Camariñas abre hoxe as súas portas cunha variedade de actividades paralelas
          
    08:15 12/04/17 
            
Dende hoxe e ata o domingo, a XXVII mostra do Encaixe de Camariñas abre as súas portas. Ainda que a inauguración está prevista para as 17 horas - que estará presidida pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o presidente da Deputación, Valentín González - xa haberá actos pola mañá cun pase de modelos para profesionais que terá lugar ás 12:30 horas.
Ás 18:30 horas arrancará o desfile Pequeencaixe, cos alumnos e alumnas da escola municipal de Palillo e, a continuación, o de Firmas, coa participación de Amaya F. Blanco (Vigo), Ana Cabranes (Xixón), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga), Javier Barrio (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), Norijo Hashizume (Xapón), Sara Lage (Lugo) e Mar Balmón (Madrid), que nesta ocasión é a única firma de complementos. Tamén participará a deseñadora local María Campaña. Durante o desfile haberá música en directo da man de Rosa Cedrón e Miguel Arthús.
Actividades paralelas
O xoves volverán a repetirse os desfiles de recoñecidos creadores e comezan os das novas promesas que participan no concurso de Deseñadores Noveles coas súas propostas sobre o encaixe de Camariñas. Nesta xornada haberá un debate sobre a situación do encaixe no mundo, un encontro de blogguers de moda, un encontro de encaixeiras chegadas dende todo o territorio nacional, recreación de antigas palilladas, demostracións de artesanía, talleres para nenos, degustacións gastronómicas e actuacións folclóricas, ademais doutras actividades paralelas.
Os actos continuarán ata o domingo con actividades de todo tipo. O venres a música correrá a cargo do gaiteiro Cristian Silva e o acordeonista Suso Iglesias; o sábado actuará o gaiteiro Óscar Ibáñez coa colaboración de Marta Quintana e o domingo clausurará o certame Andrea Pousa que xa participou o ano pasado co musical Keltia.
Nesta 27 edición da mostra do encaixe de Camariñas participarán 17 delegacións extranxeiras, co países de todo o mundo como a India, Arxentina, Xapón ou Rusia, entre outros, que ofrecerán demostracións das súas técnicas particulares. Ainda que o encaixe é o principal protagonista do certame, poderanse ver outras artesanías como vidro, xoiería ou liño.
 
Novas relacionadas
- Abril 2017: Deseñadores nacionais e internacionais converten a Camariñas na capital da moda
 - Abril 2017: A pasarela da Deputación enmárcase como o evento central da Mostra do Encaixe de Camariñas
 - Abril 2017: A firma galega Javier Barrio incorporase á Mostra do Encaixe de Camariñas
 - Marzo 2017: Camariñas leva a súa Mostra do Encaixe ata Xixón
 - Marzo 2017: Camariñas promociona en Vigo a 27 edición da mostra do Encaixe
 - Marzo 2017: Quimonos xaponeses de encaixe para a Mostra 2017
 - Marzo 2017: O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912.
 - Decembro 2016: 28 coleccións no novo Concurso de Deseñadores Noveis do Encaixe de Camariñas.
 - Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
 - De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
 - Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
 - Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
 - En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
 - Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
 - O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
 - Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
 - Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
 - Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
 - Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
 - Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
 - O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
 - Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
 - Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
 - Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
 - Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
 - Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
 - A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Concello de Camariñas