Martes. 07.05.2024
El tiempo

A programación infantil de Vimianzo chega con moito Apego

A programación infantil de Vimianzo chega con moito Apego
OUTONO REBULDEIRO en Vimianzo

Hai tempo para todos en Vimianzo. O Concello xa presentou os programas de ocio e lecer para a mocidade e para os maiores, a programación cultural de outono e abriu o prazo para as actividades culturais e deportivas. Só quedaban os pequeniños, que xa saben todo o que poderán facer no Auditorio da Casa da Cultura durante os meses de outubro a novembro.

Así o anunciaba a Concellería de Cultura e Deportes, que informa de que a programación infantil para este curso está incluída dentro do Proxecto Apego de dinamización lingüística. O Proxecto Apego está destinado a familias que agarden a chegada dun bebé ou que teñan un neno ou nena de menos de 6 anos.

O “Outono Rebuldeiro” comezará o vindeiro xoves ás 19:00 coa presentación ás familias do Proxecto Apego e cunha charla do xefe do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala titulada “Os nenos e a lingua. Unha oportunidade”.

As representacións teatrais e os títeres son os pratos fortes desta programación que comezará o domingo día 9 coa representación da obra Fábula Galénica de Fantoches Baj, continuará o domingo 23 coa obra Tita de Teatro Babaluva, o domingo 6 de novembro será o turno para Teatro Ghazafellos coa obra Iriña Bailarina e a última representación será o día 20 de novembro coa obra Gretel e Bela de Teatro da Semente.

As representacións serán todas de balde os domingos ás 18:00 h.

Novas relacionadas

Fponte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios