venres. 02.05.2025
El tiempo

A xigante empanada solidaria de Muros

A xigante empanada solidaria de Muros
Puzzle de empanada solidaria en Muros-Foto-Xose Sendon Puzzle de empanada solidaria en Muros-Foto-Xose Sendon

Menudo éxito foi o puzzle de empanadas solidario que armou en Muros o Colectivo Anajata . O EmpanaDarte 2016 contou coa colaboración de case 50 hostaleiros e panadeiros, e ducias de veciños que achegaron ao Mercado de Abastos a súa achega en forma de empanada.

A idea era formar un puzzle e despois degustalo, e o recadado (cada trozo custaba 2€), ía parar ao colectivo animalista. Ten varias propostas para a vila muradá Anajata, sobre todo pensando nos gatos da rúa. O plan de control inclúen a creación de casetas como xa se ten feito noutros lugares como Malpica.

Xa están pensando nunha segunda edición.

Colaboradores de Anajata-Foto-Xose Sendon Colaboradores de Anajata-Foto-Xose Sendon Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • ANAJATA

Comentarios