As caras da Costa da Morte na Fitur



Aprender e mostrar, unitariamente
Este 2017, é o ano do turismo sostible, e esperemos que os nosos representantes tomasen nota nas diferentes charlas, tanto nas tecnolóxicas como nas estratéxicas, pois a Costa da Morte ten todo para convertir este ano no mellor da nosa historia, facendo do turismo sostible, responsable e conservacionista, un verdadeiro motor económico. Ademais de aprender moito coas charlas (moi importante a formación dos nosos hostaleiros e políticos, por suposto), para moitos dos costeiros asistentes “a sensación é que a presencia da comarca é máis profesional e con máis traballo que outros anos”, comenta Jaki Traba do Hotel Mar de Fisterra. Para outros, como Alberto Caramés, director de Aviajes.com e o único touroperador que apostou pola Costa da Morte como destino, “é fundamental facernos fortes dentro da casa para que nos fagan caso fóra”. Caraméns sabe que “os hotaleiros están moi quedamos pero hai que facer un último esforzo e apostar polo CMAT, non porque sexa algo diferente a outros antigos entes (Neria ou Aptcm), senón porque vén con savia nova e con, o que eu creo máis importante, un cambio xeracional e de formas de ver a cousas”. O tamén director comercial de “VIDA Hoteles y Apartamentos” considera que ”a experiencia deste Fitur, pensando en Costa da Morte, non difiere moito da de anos anteriores, estilo o día da marmota, iso si, sen tanta presenza ao non haber subvencións para ir pasar 3 días a Madrid”. Caramés dubida das “promesas institucionas que case nunca chegan a bo porto”, e lamenta “o pouco interese que aportan os profesionais internacionas por un destino "de reencho", no que aínda non confían e do que poucos somos capaces de convencelos para conseguir entrar nas súas publicacións”. Caramés lembra ademais que o sector depende demasiado de Booking.Ano da sostibilidade, unha gran oportunidade
Precisamente, collendo o fío do No Ano Internacional do Turismo Sostenible, os trasnos do Camiño dos Faros, consideran que "z Costa da Morte teno todo para converterse nun destino sostenible e responsable de referencia. É máis, xa o leva sendo toda a vida". Así o refrendaron xestores de destinos moi importantes nacionais e internacionais que, "dun turismo de masas se queren dirixir cara a ese tipo de turismo máis respetuoso". En todo caso, faise importante "conseguir conservar o que hai, mostrar a nosa forma de ser, o noso patrimonio tanto cultural como natural, que ese ecoturismo repercuta directamente nas comunidades locais asentando poboación e xerando emprego digno, que o sector primario ofreza produtos quilómetro 0, que non se perda a idiosincrasia das poboacións", "concienciado do que temos aos locais e aos visitantes". "Quen lle dese ao 95% dos destinos no mundo ter o que aquí temos e estar na posición que estamos para poder afrontar ese reto", apunta o trasno maior. "Só falta un plan. Pero está clarísimo".
De Camiños e Xeodestino


MZ e Zas


Slow Food muxián
A Asociación Muxía Turismo Rural participou xunto ca Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia na campaña de promoción turística "Muxía rural, destino slow" coa que os membros da Asociación queren ofrecer ao rural de Muxía como destino "slow" coincidindo con que Nacións Unidas decidiu que 2017 sexa o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. A verdade casa ben o discurso coa temática da Feira deste ano e coas potencialidade da Costa da Morte:, que ten os tres ingredientes do turismo sustentable: a protección da natureza e a correcta xestión dos recursos naturais, o respecto á cultura e as tradicións, todo iso situado nunha contorna de lecer. JesúsTrillo afirmou que "a sustentabilidade é o elemento transversal do noso modelo de xestión", resaltou o labor das mulleres na asociación e mantivo que "a actividade turística de Muxía, vinculada de maneira indiscutible ao turismo rural, consegue xerar emprego continuado ao longo de todo o ano, ademais de fixar poboación" nunha zona de emigración. "O ADN da gastronomía tradicional galega leva impresa a palabra calma, ou se o prefiren en inglés, ´slow´, e por suposto que na nosa conciencia tamén. Por iso entendemos que unha redistribución equitativa da riqueza só é posible comprando a pequenos produtores locais, adquirimos alimentos ecolóxicos, respectamos aos nosos animais, á nosa terra e os seus ritmos e queremos preservar a nosa cultura a través da súa nosa gastronomía", explicou.
Novas relacionadas
- O teatro e FITUR fan internacional a MZ.
- Seis versións da Costa da Morte en Fitur.
- 3 únicos representantes costeiros na Feira Internacional Intur
- Xosé Regueira: "No sector turístico fai falta formación, e non só dos hostaleiros, se non tamén a nivel estratéxico, dos empresarios.
- O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
- FITUR 2016: As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016
- FITUR 2015: A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR
- FITUR 2015: Curta e disgregada presencia da Costa da Morte en FITUR.
- FITUR 2014: A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte.
- FITUR 2012: Unha FITUR de nasas, congros e bicicletas con sabor a Finisterre.
- FITUR 2011: Fitur volve coñecer varias Costas da Morte.
- FITUR 2010: Dúas Costas da Morte en Fitur.
- FITUR 2009: A Costa da Morte, divida no Fitur.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)