![Beatriz Mato e Felix Porto firmaron onte a orde de aprobacion definitiva do Plan Xeral de Muxia]()
Beatriz Mato e Félix Porto firmaron onte a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Muxía
Despois de cinco meses sen saber nada, onte o PXOM de Muxía viu a luz. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde muxián, Félix Porto, firmaron na mañá de onte a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muxía, que - segundo indican dende o organismo oficial - "garante o equilibrio entre as actividades económicas tradicionais e o desenvolvemento de novas potencialidades do territorio, co obxectivo de apostar polo crecemento económico, ao mesmo tempo que se protexe a identidade do concello".
A conselleira de Medio Ambiente salientou que o PXOM aprobado onte actualiza o planeamento urbanístico vixente en Muxía, moi básico e obsoleto, polo que co novo documento de planeamento contribuirase á mellor defensa e conservación dos valores naturais e ambientais. Tratase dun pan xeral que
protexe as zonas máis sensibles e con maior riqueza natural, paisaxística, ambiental e cultural, que en Muxía son moi numerosas, xa que este concello ten parte do seu territorio incluído no Lugar de Importancia Comunitaria da Costa da Morte.
Zonas verdes
Mato destacou que o novo plan xeral aposta polo
incremento de zonas verdes e incorpora a previsión da nova creación de arredor de 325.000 metros cadrados destes espazos; ao tempo que senta as bases para a
mellora do servizo de abastecemento e saneamento de augas para todas as parroquias e todos os veciños. Recordou que é coherente co compromiso da Consellería de ofrecer un servizo da máxima calidade a todos os núcleos de poboación de Galicia que superen os 50 habitantes.
“O Plan xeral de Muxía é o primeiro PXOM actualizado da comarca de Fisterra”, subliñou Beatriz Mato, ao que engadiu que dende a Xunta trabállase coa previsión de que pronto se poidan unir os plan xerais de Fisterra e Dumbría. O reto é conseguir que non haxa ningún concellona comunidade sen planeamento de calidade, ao que se lle dará resposta coa nova
Lei do solo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Consellería.