xoves. 07.11.2024
El tiempo

101 anos para José Iglesias Fraga, o máis veterano da Laracha

101 aniversario José Iglesias na Laracha
Na imaxe, sentados, José Iglesias a súa muller Dorinda. De pé, xunto a Mari Carmen - unha das fillas do matrimonio-, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Manuel Mallo, cura da parroquia de Soandres.
101 anos para José Iglesias Fraga, o máis veterano da Laracha

José Iglesias Fraga vive coa súa esposa Dorinda Fraga -de 96 anos de idade e coa que fixo 75 anos de matrimonio no pasado mes de xaneiro-, o seu irmán Nemesio, a súa filla Mari Carmen e o seu xenro Pepe. Residen na mesma vivenda na que naceu José hai 101 anos e na que tamén nacera a súa nai.

Unha desas historias de identidade a que protagoniza esta familia do lugar de Portodoso, na parroquia de Soandres, ata onde se quixo desprazar o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, xunto ao cura da parroquia, Manuel Mallo, para facerlle entrega dun ramo de flores.

José, que se dedicou toda a vida á agricultura e que se atopa nun bo estado de saúde, ten tres fillos (os outros dous son María e Jesús) sete netos e dous bisnetos, cos que non puido festexar o aniversario debido ás medidas en vigor sobre a limitación dos grupos de persoas e restrición da mobilidade.

É unha das catro persoas con máis dun século de vida residentes no termo municipal da Laracha e o único varón centenario, xa que as outras tres son mulleres.

Novas relacionadas

Comentarios