Venres. 29.03.2024
El tiempo

2 concellos e 18 persoas participaron na Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos

Limpeza do Proxecto Rios na Lracha
Voluntarios do Proxecto Ríos na Laracha
2 concellos e 18 persoas participaron na Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos

Apenas 3 veciñ@s de Carballo e 15 da Laracha estiveron entre os case 800 voluntari@s que esta fin de semana participaron na XIV Limpeza Simultánea de Ríos. Unha actividade enmarcada no Proxecto Ríos de Adega, que serve para concienciar e para deixar os nosos ríos máis limpos, que vai perdendo seguemento na Costa da Morte.

Foron ambos Concellos os que organizaron as batidas de limpeza, nas que participaron esaes 18 moz@s voluntario@s. A sesión servíu para demostrar que “aínda se verten moitos residuos aos ríos” pois atopáronse neumáticos, por exemplo, en zonas que foran limpadas o ano pasado. Non faltaron as botellas, garrafas, bolsas, sacos... baterías e motores de automóbiles, cristais e latas; tamén pilas, restos de madeira, mobles, ferralla, algún televisor e entullos. Retiráronse uralitas, roupa, calzado, etc... Caso aparte son as toalliñas húmidas, as grandes inimigas das depuradoras, e este ano as máscaras foron protagonistas.

Se en total foron máis de 13 toneladas as recollidas en 51 ríos galegos, na Laracha, na zona do río Vilán rescataron 300 quilos de refugallos, mentres que en Carballo, no Anllóns, recuperáronse 65 quilos.

Comentarios