Luns. 14.06.2021
El tiempo

Os 4 marcapáxinas gañadores do certame da Laracha

Marcapaxinas da Laracha
Os 4 marcapáxinas gañadores do certame da Laracha

Sofía Queijo Rey co seu “Ler fai voar”, Eric Santalla Méndez co “O libro da infancia”, Sabela López Bugallo por “Noite de contos” e Sabela Fermoso Piccardi por “O meu fantástico libro”, son os gañadores do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello da Laracha no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas, para fomentar o uso da lingua galega entre a rapazada de 6 a 12 anos.

Os catro galardoados recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. A entrega farase este venres a partir das 19:30 horas nun acto que se desenvolverá no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

Os marcapáxinas permanecerán expostos ao público durante esta semana na biblioteca municipal da Laracha.

comentarios