Venres. 25.09.2020
El tiempo

8 [email protected] poderán participar no programa de voluntariado da Laracha

8 [email protected] poderán participar no programa de voluntariado da Laracha

O Concello da Laracha vén de abrir o prazo de inscrición para que mozos de entre 16 e 30 anos de idade poidan solicitar a súa participación no programa de voluntariado xuvenil que se porá en marcha no municipio co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O da Laracha é o único da comarca inscrito nesta iniciativa, se ben a proposta do Concello de Ponteceso foi denegada por quedar “fóra de corte”, segundo a Xunta.

Son 8 as prazas dispoñibles para participar como persoal de apoio aos técnicos especializados nas diferentes actividades municipais de tipo cultural, social, educativo, deportivo, xuvenil, medioambiental e de promoción do benestar das persoas maiores e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres que se levarán a cabo nos próximos meses.

Os voluntarios recibirán a orientación, a formación e o apoio necesarios para o exercicio da súa actividade. Ao rematar a participación entregaráselles un certificado oficial que acreditará a súa colaboración e recoñecerá o seu valor social. Durante o desenvolvemento das xornadas tamén percibirán unha compensación económica diaria que cubrirá os gastos de manutención e transporte.

Tendes información no Concello e tamén en voluntariadogalego.org.

Axuda para Íntegro

A mesma resolución recolle que a Asociación Integro tamén recibirá unha axuda como entidade de acción voluntaria de 4.800€

comentarios