Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aberto o proceso de selección dun docente de carpintería para o novo Obradoiro de Emprego da Laracha

Obradoiro de Emprego de Carpinteria de Vimianzo 2
Aberto o proceso de selección dun docente de carpintería para o novo Obradoiro de Emprego da Laracha

O Concello da Laracha vén de aprobar a segunda convocatoria para a selección dun docente da especialidade formativa de traballos de carpintería e moble do Obradoiro de Emprego A Laracha VIII. Faise despois de que a primeira convocatoria quedase deserta.

O anuncio publicarase mañá no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, abríndose a partir do xoves un prazo de tres días hábiles para a presentación de instancias. As bases estarán dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica e na web www.alaracha.gal.

O Concello prevé iniciar a actividade do Obradoiro de Emprego A Laracha VIII a finais de novembro. Terá unha duración de doce meses e constará de dúas especialidades con dez alumnos traballadores en cada unha delas: a citada de traballos en carpintería e moble e a de operacións básicas de revestimento lixeiro e técnicas de construción complementado con mantemento e rehabilitación de edificios.