martes. 07.10.2025
El tiempo

Adro de Vilaño celebra a súa V Festa do Polbo

Pulpo Adro Vilano
Adro de Vilaño celebra a súa V Festa do Polbo

O próximo sábado 25 de outubro de 2025, o Pavillón do Colexio de Vilaño (A Laracha) converterase nun punto de encontro para veciñanza e visitantes coa celebración da V Festa do Polbo, organizada pola Asociación Cultural Adro de Vilaño co apoio do Concello da Laracha.
O evento abrirá as portas ás 13:00 horas e o xantar comezará ás 14:30 horas, ofrecendo un menú completo con empanada, polbo á feira, churrasco con criollo, patacas, ensalada, sobremesa, café e chupitos.

Prezo entradas: Adultos/as (desde 12 anos) 35 €
Infantil (de 6 a 11 anos) 20 €
Pequerrechos/as (menores de 6 anos) gratis.

Para os máis pequenos, a “Pequefesta” ofrecerá merenda de balde, inchables, xogos, pintacaras, tatuaxes e globoflexia.
A xornada estará amenizada polo Dúo Galán, con sorteos e concursos a cargo dos presentadores da Carreira do Apóstolo, garantindo unha tarde de música e diversión para todos os públicos.

As entradas poden mercarse ata o xoves 23 de outubro nos seguintes puntos de venda: Tempo, Agrobotica, Almacenes J. Cotelo, Bar da Piña, Peluquería Carmen y Silvia Pereira, Bar Milagre (Larín) e os Domingos ás 13:30 h no Centro Sociocultural de Vilaño

Comentarios