venres. 08.11.2024
El tiempo

Aprobada a ampliación do Parque Empresarial da Laracha

Parque Empresarial da Laracha
Aprobada a ampliación do Parque Empresarial da Laracha

A Sociedade Estatal Suelo Empresarial del Atlántico, SEA celebrou este martes o seu Consello de Administración trimestral, no que se deu a aprobación á ampliación do polígono industrial da Laracha. De “acordo histórico” califican o fito, polo impulso que xerará esta ampliación para seguir "batendo récords de creación de empresas e creación de emprego”.

O actual parque empresarial da Laracha ten 825.249 m2 brutos, dos cales 537.925 son netos e supera un índice de ocupación do 80%. Este mesmo ano xa se adxudicaron outros 10.000 metros cadrados de superficie e existe unha importante demanda de solo, por parte das diferentes empresas, que valoran a súa excelente localización e as boas condicións que ofrece SEA.

A ampliación realizaríase nun espazo contiguo de aproximadamente 316.000 metros cadrados.

O polígono da Laracha xa é un referente empresarial en Galicia, con empresas como Inditex, Abelas Alexan, Esmorís, Unifersa ou Vicente Suárez S.L.

Novas relacionadas

Comentarios