Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As medidas dos Concellos de Carballo e A Laracha para reducir o consumo de auga

Consellos consumo responsable
As medidas dos Concellos de Carballo e A Laracha para reducir o consumo de auga

Ante a activación por parte de Augas de Galicia da prealerta por escaseza de auga moderada no sistema de abastecemento do río
Anllóns,
 os Concello da Laracha e Carballo anuncia medidas preventivas coa fin de reducir os consumos.

Na Laracha

O Concello acordou suspender desde hoxe a rega nas zonas verdes públicas e o servizo de duchas na praia de Caión, e reducirase ao mínimo imprescindible o emprego de auga na limpeza de rúas.
Do mesmo xeito, queda prohibida desde hoxe no termo municipal a limpeza de vehículos -coa excepción das empresas dedicadas a esta actividade- e o enchido total ou parcial das piscinas particulares.
O Concello fai un chamamento á cidadanía para un consumo responsable da auga, solicítando que tamén se tomen medidas de aforro de auga na vida cotiá. 

En Carballo

A brigada municipal de xardíns está a contribuír á redución do consumo de auga cunha minoración das frecuencias e cunha adaptación dos tempos de rega nas zonas verdes do concello.
A implantación desta medida estase a realizar de xeito progresivo e individualizado en función das características de cada espazo axardinado. Así, por exemplo, nas sendas ciclo-peonís desconectaranse temporalmente os sistemas de rega, e no resto dos espazos limitaranse a 2-3 días á semana, agás en puntos moi concretos nos que é preciso un aporte de auga diario. En función de evolución de cada una das zonas verdes, e tamén da seca, decidirase o mantemento, a redución ou a ampliación das frecuencias e dos tempos de rega.
Así mesmo, adoptáronse estas outras medidas:

  • Revisión constante das incidencias na rega, especialmente fugas ou axustes no alcance dos aparellos de rega (aspersores, difusores...) de maneira que non regue fóra da zona axardinada.
  • Nas zonas facilmente recuperables tras sufrir un grave estrés hídrico ou incluso tras chegar a secar completamente, redúcese ao máximo a rega ou péchase completamente. Nas zonas máis difíciles de recuperar redúcese tamén, aínda que intentando garantir a supervivencia das especies plantadas.
  • Nas zonas que pola súa situación admiten reducir o límite estético durante un tempo, como poden ser as sendas de saída do centro da cidade, ou zonas moi pouco frecuentadas, péchase a rega completamente.
  • As frecuencias modifícanse en todas as zonas, de maneira que en lugar de regar todos os dias faise dúas veces á semana aumentando lixeiramente o tempo de rega.
  • Reducirase a frecuencia das segas coa intención de que o céspede reteña mellor a auga e o estrés hídrico por regar de forma máis esporádica sexa inferior.

Comentarios