Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Bandeira Verde da Laracha xa loce no alto

  • A Laracha recibiu por primeira vez este recoñecemento da Xunta que avala as políticas municipais sobre a protección da paisaxe e do medio ambiente.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Salvador, izaron onte a Bandeira Verde de Galicia que xa loce na Praza do Concello
A Bandeira Verde da Laracha xa loce no alto

Xa loce no alto da Praza do Concello, como símbolo do recoñecemento da Xunta polo labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente, a Bandeira Verde de Galicia.
Neste ano son quince os municipios galegos que obteñen este recoñecemento ao ser considerados como os máis dinámicos neste eido por desenvolver boas prácticas para o coidado da contorna, o respecto da paisaxe, a minoración das emisións de CO 2 e a redución do consumo enerxético.

Entra as accións levadas a cabo polo Concello da Laracha e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar a renovación da iluminación pública e das instalacións municipais por luminarias tipo LED de maior eficiencia enerxética, a implantación da quinta fracción da recollida selectiva (colector marrón de orgánicos), humanización de rúas, creación e mellora de sendas peonís e accións de sensibilización en material medioambiental, entre outras iniciativas.
 

Comentarios