A Laracha espalla o colector marrón da quinta fracción

Laracha é xunto a Carballo, son os concellos pioneiros neste programa de reciclaxe selectiva, dende que comezaron o pasado mes de febreiro. Nestes momentos hai 477 familias e 42 grandes produtores (restaurantes, tendas de alimentación, etc.) dadas de alta no programa Ti tes a chave, nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión e da urbanización Monte Claro, utilizando o novo colector marrón.
Inscrición
Para poder empregar ditos recipientes é necesario darse de alta no programa Ti tes a chave e sumarse ao voluntariado marrón. As persoas que o fagan recibirán de xeito gratuíto un cubo ventilado, bolsas compostables e a chave para abrir os colectores. O trámite pode facerse no Concello, cubrindo o formulario dispoñible na web municipal e, tamén, acudindo ao posto informativo que estará mañá na Praza do Concello entre as 10:30 e as 13:30 horas. Nese lugar tamén se entregará o material a aquelas persoas dadas de alta e que aínda non o recolleron.
Novas relacionadas
- Xullo 2020: 50 familias da Laracha xa teñen os seus composteiros.
- Maio 2020: A recollida selectiva da quinta fracción orgánica segue funcionando na Laracha e Carballo.
- Febreiro 2020: 400 familias e 41 empresas xa son usuarias do servizo de colector marrón de residuos orgánicos de Laracha.
- Febreiro 20: 1.200 laracheses dan uso ao Punto Limpo do Formigueiro.
- Xaneiro 20: A Laracha, xunto con Carballo, concellos pioneiros na implantación do colector marrón.