luns. 02.12.2024
El tiempo

A recollida selectiva da quinta fracción orgánica segue funcionando na Laracha e Carballo

Usando o colector marron en Laracha
Usando o colector marron en Laracha
A recollida selectiva da quinta fracción orgánica segue funcionando na Laracha e Carballo

A corentena non para a reciclaxe, e dende o Concello da Laracha lembran que o programa de recollida selectivade residuis sólidos urbanos da quinta fracción no colector marrón segue funcionando. O material da campaña #Titesachave está dispoñible, e os que queiran participar xa poden pasar recoller o seu kit (composto por un cubo ventilado, bolsas compostables e a chave para poder abrir os 150 colectores de orgánicos) pola Casa do Concello e o edificio administrativo.

Por agora, o novo colector marrón de orgánicos que está operativo nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño. A día de hoxe xa son 460 familias e 43 grandes produtores (estrablecementos hostaleiros, supermercados, tendas de alimentación, etc.) as que forman parte da iniciativa.

Todas as persoas que desexen sumarse a esta iniciativa poden cubrir o formulario na web municipal ou darse de alta acudindo ao Concello (necesario solicitar cita previa).

Novas relacionadas

Comentarios