Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un campamento na praia en Caión

Un campamento na praia en Caión

A diversidade de campamentos na comarca pode comprobarse na Laracha. Esta semana, o campamento municipal ñe na praia de Caión, e son 50 as crianzas , den entre 8 e 11 anos, o que o disfrutan.

Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa ás 18:00. A maior parte das actividades lévanse a cabo na praia de Caión, pero tamén haberá visitas, como a do martes ao aquapark de Cerceda, ou como a deste xoves ao fantástico centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo.

O luns, na primeira xornada do campamento, os rapaces practicaron surf e kaiak pola mañá e, pola tarde, realizaron un obradoiro de slime. O mércores tocou un roteiro en bicicleta e xogaron ao volei praia.

Comentarios