Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Casa Reitoral de Montemaior, exemplo de rehabilitación promovida polos Concellos cos préstamos da Xunta

Angeles Vazquez na Laracha co alcalde
A Casa Reitoral de Montemaior, exemplo de rehabilitación promovida polos Concellos cos préstamos da Xunta

Un ano despois de anunciar o seu financiamento, a Conselleira de Medio Ambiente e Infraestruturas Ángelez Vázquez achegouse hoxe á Laracha para explicar o proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Montemaior. Un proxecto que serviulle de exemplo para poñer en valor o sistema de préstamo da Xunta para que os concellos pequenos poidan realizar proxectos de rehabilitación.

No caso de Montemaior, o concello da Laracha recibiu un préstamo de preto de 715.000 euros para a súa rehabilitación co obxectivo de destinar o inmoble a albergue e edificio de usos socioculturais.

Despois dunha detallada exposición do proxecto por parte da arquitecta Marta López en representación do estudo Naos, encargado da redacción do mesmo, tomou a palabra o alcalde. López Varela explicou os obxectivos que se pretenden coa intervención, consistentes “primeiro en recuperar o patrimonio histórico do Concello” e, en canto aos usos, “que os veciños poidan dispoñer
dun punto de encontro no que reunirse e celebrar actividades”, tanto as organizadas polo propio Concello como as promovidas polo tecido asociativo local, “habilitar un centro de referencia para os sectores agrogandeiro e forestal” e “un albergue xuvenil” con capacidade para 25 persoas que permita reforzar os programas de intercambio e voluntariado nos que participa o Concello. 

Conselleira e alcalde da Laracha na Casa reitoral de Montemaior

Sistema de préstamo

A Conselleira aproveitou a visita para anunciar que Xunta de Galicia disporá o vindeiro ano de 20 millóns de euros para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para levar a cabo actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído. Lembrou que a convocatoria de 2023 se recibiron 39 solicitudes por importe de 10,15 millóns de euros que están sendo valoradas.

Ata 8 anos teñen os concellos para devolver os préstamos.

Novas relacionadas

Comentarios