Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A rehabilitación e conversión en albergue da Casa Reitoral de Monte Maior xa ten financiamento

Casa Reitoral de Montemaior
Casa Reitoral de Montemaior
A rehabilitación e conversión en albergue da Casa Reitoral de Monte Maior xa ten financiamento

Tras aprobarse en pleno o pasado novembro, o Concello da Laracha xa puxo a maquinaria a traballar para levar a cabo a rehabilitación da casa reitoral de Montemaior, para convertila nun albergue (para 25 persoas) e centro comunitario.

E xa anunciou como vai ser o financiamento: cun préstamo de 712.808,01 euros concedido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, con cargo ao Fondo de cooperación para rehabilitación e conservación do patrimonio construído dirixido a entidades locais.

Esta é a primeira vez que A Laracha se beneficia destes préstamos, que deberán ser reintegrados polo municipio nun prazo máximo de 8 anos.

Comentarios