Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Castro de Montes Claros, preparado para a primeira intervención arqueolóxica

  • Abre o prazo para aspirar aos 13 postos de traballo que o Concello contratará durante 7 meses a través do PEL-Concellos
Roza no Castro de Montes Claros da Laracha
Alcalde e Concelleira visitaron as rozas no Castro de Montes Claros da Laracha
O Castro de Montes Claros, preparado para a primeira intervención arqueolóxica

Paseniño vai o plan de conservación do patrimonio arqueolóxico da Laracha. O Concello mantén unha partida orzamentaria para a posta en valor do Castro de Montes Claros, que lle permitiu, primeiro, adquirir os 43.279,97 metros cadrados de superficie de terreos que o albergan, e comezar as accións.

Esta semana comezaban as intervencións das brigadas municipais neste xacemento arqueolóxico da idade de ferro, situado na parroquia de Vilaño, coa supervisión da redactora do proxecto de control arqueolóxico, Puri Souto, e da man da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O primeiro é realizar traballos manuais de limpeza superficial na contorna do castro consistentes no desbroce da maleza e a poda das árbores autóctonas –carballos, castiñeiros e loureiros- que se conservan. O ámbito está libre de eucaliptos, que xa foran cortados e aplicáraselles ás cepas un tratamento específico para evitar os rebrotes desa especie.

Dende o concello lembranque xa nos veráns 2018 e 2019 o campamento de voluntariado realizara varias intervencións, pero miran cara o futuro, sinalando que “o castro de Montes Claros xa se atopa preparado para poder plantexar nel a primeira intervención de tipo arqueolóxico”.

13 novos contratos co PEL-concellos

Paralelamebte, a Deputación informa de que comezan os procesos selectivos para a contratación temporal 13 traballadores/as no Concello da Laracha, a través do programa PEL-Concellos. As prazas corresponden a nove peóns de obras públicas, dous capataces e dous traballadores/as de servizos xerais, que participarán tamén en labores de vixiancia, control e reparto de material de protección relacionado coa Covid-19.
Todos os traballadores e traballadoras serán contratados por un período de 7 meses, a razón de 30 horas semanais.
As solicitudes tramitaranse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.alaracha.gal)

Novas relacionadas

Comentarios