Martes. 30.04.2024
El tiempo

Os sectores públicos Laracha fórmanse conxuntamente para mellorar a detección de casos de violencia de xénero

Formación CIM e SS no centro de saúde-Laracha
Imaxe da acción formativa do CIM e SS no centro de saúde
Os sectores públicos Laracha fórmanse conxuntamente para mellorar a detección de casos de violencia de xénero
Anteresante e necesaria a coordinación interinstitucional dos profesionais de todos os sectores públicos (Concello, centros de ensino, centros de saúde e forzas e corpos de seguridade), dA Laracha, na loita contra a violencia de xénero.

Na última reunión da mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra esa problemática social, un dos acordos tomados foi que persoal municipal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e do departamento de Servizos Sociais impartise unha acción formativa dirixida especificamente ao persoal do centro de saúde e punto de atención continuada da Laracha. 

Onte levouse a cabo cos obxectivos de que os profesionais da área sanitaria teñan coñecemento de todos os recursos públicos que están a disposición das vítimas en materia de servizos sociais comunitarios e igualdade, revisar o protocolo de actuación para a derivación de pacientes ante posibles casos de violencia de xénero ou persoas en risco de exclusión social e explicar que tipos de informes médicos son requiridos pola administración en cada unha das xestións.

O Concello agradece e valora a continua colaboración de todos os sectores profesionais implicados que favorece a coordinación ante estas problemáticas e optimiza a atención integral ás vítimas e a prevención ante situacións de vulnerabilidade para beneficio xeral da cidadanía larachesa.

Comentarios