Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cogami toma o mando do Punto Limpo da Laracha

Traspaso de poderes no Punto Limpo da Laracha
Cogami toma o mando do Punto Limpo da Laracha

A empresa social Cogami tomará o relevo de Aspaber na xestión do Punto Limpo do Formigueiro e do servizo de recollida de voluminosos da Laracha a partir do luns. Así se ratificou no traspaso de poderes realizado onte.

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor desenvolvido por Aspaber desde 2013, apuntando que nestes oito anos “demos un impulso ao punto limpo e incorporamos novos servizos como a recollida domiciliaria de voluminosos”.

COGAMI chega ademais cun novo servizo, a recollida de aceites domésticos, incluída por primeira vez no contrato e para o que será precisa a instalación de contedores nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

Os horarios serñan os mesmos:

  • Luns de 15:00 a 20:00 h.
  • Mércores e venres de 16:00 a 20:00 h.
  • Sábados de 9:00 a 14:00 h. 

A recollida de voluminosos tamén volverá estar operativa desde o luns. O novo teléfono gratuíto para solicitar o servizo é o 900 701 120.

Programa polo Corpus de Caión e do Carme

Non haberá verbena nas Festas do Corpus e do Carme de Caión, pero a Asociación Cultural y Deportiva Peña Royal e o concello preparan un programa lúdico e recreativo especialmente dirixido ao infantil e familiar. O aparcamento xunto á casa reitoral, moi preto da praza Eduardo Vila Fano acollerá, por exemplo, hoxe venres, o filme galego-cubano de animación Maimiño e o espello máxico. Trátase dunha adaptación libre do clásico conto Pulgariño.

O domingo a mediodía haberá un pasarrúas pola vila de Caión a cargo do grupo Xacarandaina. Pola tarde, desde as 19:30 horas, de novo no aparcamento xunto á casa reitoral haberá teatro infantil con Acuario, unha peza de Ghazafelhos baseada no libro de poemas de María Canosa e posto en escena con actores e monicreques que lle imprimen humor e dinamismo.
O acceso a ambos eventos culturais será gratuíto e por orde de chegada ata completar a capacidade máxima permitida no recinto.

Comentarios