sábado. 07.12.2024
El tiempo

A Comunidade escolar do IES Agra Leborís de novo na rúa: “Conselleiro, Dimisión”

concentracion do IES Agra Lebrosi
Concentración desta mañá de xoves 7 de novembro no IES Agra Leborís.
A Comunidade escolar do IES Agra Leborís de novo na rúa: “Conselleiro, Dimisión”

Nova concentración protagonizaba a comunidade escolar do IES Agra Leborís esta mañá ás portas do centro. Nova pero especial, despois da intervención do Conselleiro de Educación onte no Parlamento Galego a unha moción do PSOE. Román Rodríguez sacaba a calculadora, e acusaba de “mentiras” as demandas que a ANPA lle trasladou á Inspección, e aos membros da oposición.
Foi a máis, e desvalorou as mobilizacións das familias asegurando que se dan porque no centro traballa un “líder sindical”.

Hoxe, a comunidade escolar amosou o seu rexeitamento á intervención do Conselleiro, pedindo a súa dimisión con rotundidade.

As familias seguen pedindo outro PT a tempo completo, seguen denunciando que hai aulas de Primeiro de ESO que chegan aos 33 alumnos, e lametan que certas asignaturas se teñan de desenvolver de xeito online pola nova política da Xunta, de ofrecer esta modidalide nas aulas optativas que teñan poucos alumnos.

Máis novas

 

Comentarios