Xoves. 25.04.2024
El tiempo

“Eu merco na Laracha”

Maria de Lenceria Maria na Laracha
Lenceria Maria na Laracha
“Eu merco na Laracha”

Nova campaña municipal en marcha de apoio ao comerco e a hostalería local. Así o anunciou o Concello da Laracha, coa presentación dun programa de bonos que subvencionarán as compras e os servizos nos establecementos adheridos, fomentando o consumo de proximidade nos sectores comerciais, hostaleiro, cultural, educativo, salóns de peiteado e beleza, taxis, etc.

O programa terá unha dotación económica inicial de 40.000 euros, xa consignada nos orzamentos municipais deste ano.

Nos próximos días faranse públicas as bases do programa “Eu merco na Laracha”, nas que quedarán regulados aspectos como os comercios, establecementos e negocios que poderán adherirse, os requisitos que deben cumprir os beneficiarios, e o modo de solicitude, concesión e contía económica dos bonos.

Novas relacionadas

Comentarios