Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Federación Galega de Salvamento ofrece actividades para a rapazada na praia de Caión e Balarés

Actividades Fessga praias
A Federación Galega de Salvamento ofrece actividades para a rapazada na praia de Caión e Balarés

Os usuarios das praias de Caión e Balarés poderán beneficiarse neste verán do Plan Corresponsables a través do que a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) oferta actividades de animación socio deportiva co obxectivo de contribuír á conciliación das familias.

NAs actividades realizaranse ata o 15 de setembro. Os luns, martes e venres o horario será de 10:00 a 19:30 horas. Os martes e os xoves, soamente en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas. Poderán participar rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As inscricións son gratuítas e deben formalizarse cubrindo o formulario dispoñible na web https://fessga.es/, no apartado ‘Plan Corresponsables’ e, dentro del, seleccionando ‘Grupo Caión’ ou “Grupo Balarés”.

Comentarios