Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As fermosas fotos gañadoras do Certame da Muller Rural da Laracha

  • O Concello convoca un novo certame fotográfico
Primeiro premio PRESENTE
Esta foto de Laura Gayoso Mareque recibiu o primeiro premio de Mulleres Rurais do Presente
As fermosas fotos gañadoras do Certame da Muller Rural da Laracha

Mencións especial merecen as fotos gañadoras do concurso de fotografía “Día da Muller Rural” que o Concello da Laracha convocou para conmemorar a data. Participaron no concurso un total de 12 fotografías, das cales oito foron na categoría “Mulleres rurais do presente” e outras catro na categoría “Mulleres rurais do pasado”.

Primeiro premio PASADO
A foto de María del Carmen Iglesias Fraga levou o primeiro premio na categoría Mulleres Rurais do pasado

Outórganse os premios ás tres fotografías de cada categoría que obtiveron máis “gústame” no Facebook do Concello da Laracha, repartíndose un total de 700€. Foron un total de 2.800 votos que escolleron estas imaxes na categoría Mulleres do pasado:

  • 1º Premio: “As vodas do pasado: Un día de voda” de María del Carmen Iglesias Fraga.
  • 2º Premio: “Abuela Xoana” de María Sánchez Tuset.
  • 3º Premio: “Nena chamando á corda unha parella de vacas” de José Souto Pallas.

MULLERES DO PASADO

Na Categoría “Mulleres rurais do presente”:

  • 1º Premio: “María levando o tractor” de Laura Gayoso Mareque.
  • 2º Premio: “Cocendo no pan” de María Sánchez Tuset.
  • 3º Premio: “Amor de sacho” de Alberto Méndez Faquet.

MULLERES DO PRESENTE

O acto de entrega dos premios será este venres ás 11:30 no salón de Plenos do Concello.

Novo certame de Fotografía

E sen tempo a disfrutalo, o Concello convoca a primeira edición do concurso de fotografía “A Laracha no obxectivo”, aberto a todo o mundo, pensado para recoller imaxes de calquera lugar do termo municipal da Laracha para destacar os seus atractivos, como poden ser o patrimonio material e inmaterial, as paisaxes, a etnografía rural, as aldeas, as xentes, etc.

O concurso dividirase en dúas modalidades e repartirá un total de 1.150 euros en premios. Desde este martes día 2 e ata o 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar as fotografías en ambas modalidades. A principios de decembro faranse tanto a valoración do xurado na modalidade Xeral como a votación na modalidade Redes Sociais.

Comentarios