Un gran Martes de Entroido na Laracha
- O Concello recupera a festa dominical no IES Agra Leborís e organiza obradoiros para as criazas
Xa temos o programa completo do Entroido da Laracha. O evento central será o tradicional concurso de disfraces do Martes de Entroido (21 de febreiro, festivo local na Laracha). O certame vai dirixido a todos os públicos e repartiranse máis de 3.000 euros en premios. Celebrarase na Praza do Concello (pavillón do IES en caso de condicións climatolóxicas adversas) a partir das 18:30 horas, no descanso da verbena que principiará ás 17:00 e que estará amenizada pola Orquestra Los Satélites.
Hoxe martes xa está aberta a inscrición, que debe formalizarse cubrindo este formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais do Concello.
Pero ademais, o Concello recupera eventos tradicionais como a cita do domingo 19 coa Festa de Entroido ao pavillón do IES Agra de Leborís. Durante a xornada os nenos poderán desfrutar xogando nos inchables, cos xogos interactivos e tamén da presenza dun DJ infantil que proporá coreografías e bailes. Ademais, repartiranse larpeiradas entre todos os rapaces que acudan disfrazados.
Obradoiros
Ademais, o luns día 20 os escolares de 5º e 6º de educación infantil e de primeiro de primaria poderán participar nos obradoiros de elaboración de máscaras e de bichiños con lingua. Hai dúas quendas, de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 h.
E o mércores 22 a temática será a realización de máscaras, complementos e cañón de confeti. Convídase a participar a alumnos de 2º a 6º de educación primaria. Tamén haberá dúas quendas, pero en horario de tarde de 16:00 a 18:00 h e de 18:00 a 20:00 h.
No caso destes obradoiros requírese estar empadroados no Concello da Laracha e inscrición previa a formalizar a partir do 13 de febreiro.
Novas deste Entroido
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.