Fin de semana completa para o Entroido vimiancés
14:51 30/01/23
O venres 17 e o sábado 18 de febreiro será a fin de de Entroido en Vimianzo. O venres 17, de 17:00 a 20:00 horas, a praza do Concello contará con inchábeis e flocos de millo para, á última hora, bailar ao ritmo de DJ Rokiño.
O sábado 18 será o día grande co concurso de disfraces a partir das 17:00 horas. Terá lugar na praza do Concello onde, de 20:00 a 22:00 horas aproximadamente, haberá actuacións musicais a cargo do Dream Team formado polos artistas Tamara Fernández, Ana Paz e César Romero (integrantes da orquestra Cinema), Tania Veiras e Édgar Bao (La Voz Kids).
Ademais, ás 21:30 horas o vimiancés DJ Rokiño presentará o seu segundo tema.
Premios e inscricións
Este ano no Entroido de Vimianzo repartiranse 2.870 euros en premios. Poden inscribirse nesta ligazón.
Novas deste Entroido
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.