Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Horta Ramisquido: “Producir alimentos é un negocio con futuro”

  • Jose Manuel García Pereira debulla como lle axudaron as Axudas da Fundación Juana de Vega, cuio prazo de presentación de solicitudes remata o 30
Jose Manuel da Horta Ramisquido
Horta Ramisquido: “Producir alimentos é un negocio con futuro”

Este 30 de novembro remata o prazo para inscribirse Programa de Apoio a empresas do sector primario da Fundación Juana de Vega. Un programa que axuda a emprender ou a modernizar os proxectos empresariais vinculados co sector agro-gandeiro, como xa ten acontecido con empresas como Horta Baldaio, Cooperativa Xallas ou Villa Regina.

Neste caso queremos falar con José Manuel García Pedreira, da Horta Ramisquido, situada na Parroquia de Coiro, A Laracha, a 6 km do nacemento do río Anllóns, para o que a participación no programa da Fundación ten sido clave, pois pasou de ser unha pequena explotación de vacún de leite con 30 vacas a unha produción hortícola de alta calidade, que vende integramente a Gadis.

”Practicamente empecei con eles”, recoñece.

 
  • QPC: Como te axudaron as axudas da Fundación Juana de Vega?

Pois eu tiña outra idea desto de emprendemento, acodín a eles coa idea da transformación do leite, de facer iogures ou así… E eles me asesoraron para dar outro enfoque, me sinalaron que había necesidade de horta. Guiáronme, déronme outra orientación e convencéronme.

No programa axudan a encamiñar o proxecto, facer números. É mellor darlle voltas aos números no papel, que lanzarse á aventura e logo levar sorpresas. Nese sentido teñen moi bos asesores e para min foi moi satisfactorio.

 
  • QPC: Como cambiou a túa empresa? Cantos traballadores tiñan e cantos tes agora?

Naquel momento estaba con 3.000 metros de invernadoiro, fun crecendo e estou en 10.000 de invernadoiro. As vacas mantémolas pero quedou estancado e non o traballamos demasiado.
Antes de empezar tiña 1 empregado, e agora mesmo teño 4.

 Inernadoiro da Horta Ramisquido
  • QPC: Como está a día de hoxe a granxa-explotación agraria?

Eu fago horta convencional, pero as practicas sempre son na liña “0 residuos”, usando o mínimo os agroquímicos. Non estou certificado pero na medida do posible fago así. Por varias razóns, entre elas porque me interesa recolectar todos os días, e con quimicos hai que deixar prazos de seguridade.
Agora estou pensando se pasarme a ecolóxico no tema do leite.  

  • QPC: Contas que segues as prácticas de sempre. Pero antes non se abusaba máis dos químicos.?

Antigamente se traballaba moito con abonado orgánico, aproveitando o que se xeraba a cama das vacas. A materia orgánica é fundamental, respectar a microbioloxía do solo, e facer moita rotación. Uso un acolchado, un material reciclado biodegradable, para loitar contra as malas herbas, por exemplo.

 
  • QPC: Como foi o paso de subirse a Gadis?

Ao remate do proxecto ca Fundación tes unha exposición pública, e estaba xente do Gadis, e xa foi unha primeira toma de contacto. E tiven a rote de ter familia xa traballando para Gadis e foi máis doado.
Naquel momento ademais tiña que decidir que producitr, pero ao atopar Gadis xa me fixo unha proposta de planificación, e xa resolvín canto e cando producir. Esa relación produtor-distribuidor ten unha vantaxe: tes un calendario.

nbsp;
  • QPC: Que porcentaxe de venta tes con este distribuidor? Non é un perigo depender unicamente dun cliente?

Nós vendémoslle o 100%, si, demasiado dependente: é a gran desvantaxe que ten. Pero a min dábame tranquilidade ter unha planificación con alguén, e non ter que buscar mercado todos os días, que ese é un tempo que costa cartos.
Ten os seus pros e os seus contras: aforras persoal na comercialización; pero tamén tes unha depencia, e eles van variando os prezos co mercado, e iso aínda que teñas outros destinatarios tamén che afecta. Eu estou contento, en calquera caso.

Producir alimentos é un negocio con futuro.

Novas relacionadas

Comentarios