Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Laracha aporta respostas en Lituania á crise migratoria

O alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, cos edís Ramiro Bello e Cristina Vieites, e o Vicealcalde de Kaunas
O alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, cos edís Ramiro Bello e Cristina Vieites, e o Vicealcalde de Kaunas
Laracha aporta respostas en Lituania á crise migratoria

Tamén o Concello de Laracha participa en Proxectos Europeos. Proxectos tremendamente enriquecedores, que serven para coñecer e transformar a realidade das comunidades rurais de todo o continente. Esta semana unha expedición larachesa atópase de viaxe en Lituania, no marco do proxecto Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración) que se está a desenvolver na cidade lituana de Kaunas. Esta é a segunda toma de contacto dos socios participantes despois da celebración do acto inicial en A Laracha no pasado mes de novembro.

Un programa liderado por A Laracha, que busca acadar respostas á crise migratoria que se vive actualmente en Europa desde os valores da comprensión, a integración e a creación de novos puntos de vista para comprendela e afrontala. Dende o diálogo e a comprensión da historia, trátase de promover o voluntariado.

Despois da recepción oficial dos 20 concellos e entidades (de 19 países) que participan, hoxe toca unha visita oficial ao centro de refuxiados de Rukla.

O Concello da Laracha, que é quen lidera o proxecto, está representado neste evento en Lituania nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e dos edís Ramiro Bello e Cristina Vieites.

comentarios